sábado, 13 de octubre de 2012

PETROGLIFOS DA CARBALLEIRA - LOURIZÁN

PETROGLIFOS DA CARBALLEIRA
LOURIZÁN
PONTEVEDRA
Esta parroquia linda ó norte coa de Salcedo e a Ría de Pontevedra, ó sur coa parroquia de Salcedo e a parroquia de San Xulián de Marín, ó leste con Salcedo e ó oeste con San Xulián de Marín e a Ría.

     Conta con 4.000 habitantes, aproximadamente, repartidos nas entidades de Agrovello, Carballeira, Caritel, Camboa, Cunchidos, Estrivela, Igrexa, Meán, Nogueiras, Outeiro, Pexegueiro, Praceres, Regueiriño, Rial, Rorís e Rozo.



     Dista 4 kms. da capital do concello e comunícase por medio da autovía Pontevedra-Marín. Existe tamén a estrada antiga por onde circula, principalmente, o transporte público.


     Bañado por pequenos regatos, o término rexistra unha altitude máxima de 100 m. e os seus accidentes costeiros máis importantes son as puntas da Laxe da Rache e Cabo de Praceres, e as praias de Lourizán e Praíña.


     A Parroquia conta con importantes restos arqueolóxicos. Precisamente o Colexio conta cuns petroglifos dentro do recinto escolar que se atopan inventariados pola Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e Documental coa clave de identificación GA36038041, e foron declarados Bens de Interese Cultural mediante o decreto 3741/1974, do 20 de decembro, e aasí mesmo están incluídos no catálogo de xacementos arqueolóxicos protexidos polo PXOU de Pontevedra.

     
     O lugar de maior interese para o visitante é a finca da familia Montero Ríos coñecida como o Pazo de Lourizán dedicado hoxe en día a centro de investigacións forestais. Tamén destacan a igrexa da Nosa Señora dos Praceres e a capela de Santo André.


     A festa patronal celébrase o día 30 de novembro (Santo André). Tamén se celebra a Nosa Señora dos Praceres normalmente no mes de maio.


VIDEO
MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901