sábado, 13 de octubre de 2012

MÁMOA PEDRAS DO PARAISO

MÁMOA PEDRAS DO PARAISO
ISLA GUIDOIRO
RIA DE AROUSA


¿ Isla Avalon, foi o Guidoiro Areoso a casa dos deuses celtas ?


     O Illote de Guidoiro Areoso é un sitios arqueolóxicos máis fascinantes de Galicia. Unha auténtica necrópole prehistórica no medio do mar.


      As mámoas ou medorras ou túmulos son amoreamentos artificiais de terra e/ou pedras, habitualmente de forma esférica (xa que ás veces presentan unha estrutura lixeiramente elíptica), que se nos presentan de forma brusca sobre o terreo que sinalan e conteñen un ou varios enterramentos. Normalmente no seu interior agachan unha estrutura pétrea coñecida como dolmen ou anta, formando o conxunto un túmulo funerario característica da cultura megalítica. É habitual que presenten unha depresión na parte superior coñecida como cono de violación, resto dalgunha escavación ilegal na busca de materiais preciosos. Atópanse mámoas en moitos lugares onde houbo cultura megalítica.



     A denominación máis extendida para coñecer este tipo de monumentos é a de mámoa e procede do latín mammula, peito de muller. Esta denominación aplícase metaforicamente a este tipo de monumentos pola similitude dos mesmos cun peito feminino. Tamén se usan diminutivos como mamoíña ou mamoela.


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901