sábado, 6 de octubre de 2012

PEDRO CORTIZOILO - CONTO

PEDRO CORTIZOILO
CONTO




      
     Unha vez era un rei que tiña tres filla. Xuntounas un día e preguntoulles cal delas lle quería máis.

     Unha díxolle:

     -¡Querote pola vida!

     Outra díxolle:

     -¡Querote polo corazón!

     E a outra díxolle:

     -¡Quérote tanto coma ao sabor dos sabores!

     O rei quedou satisfeito do que lle dixeron as dúas primeiras fillas, pero pareceulle que a terceira non lle manifestara moito cariño. Mandoulle daquela facer un vestido de cortiza e botouna polo mundo adiante.

     Pero ela arranxouse para levar os mellores vestidos que tiña e marchou andando ata que chegou á casa doutro rei onde pediu traballo e dixo que se chamaba Pedro Cortizoilo. Déronlle de traballo ter que gardar pavos.

     Cando ía cos pavos poñía os mellores vestidos que levara, e dicía falando cos pavos.

     -Pavín, pavín

     Se me vise o fillo do rei,¿namoraríase de min?

     Sin, sin

     O fillo do rei viuna con aqueles vestidos e namorouse dela, e díxolle ao pai que a quería por muller.

     Convidaron á voda ao pai dela, porque tamén era rei e ela, cando soubo que lle ía o pai á voda, dixo que tiña que facerlle a comida para el só, á parte. Fixolla e non e non lle botou sal. De modo que, cando se puxeron a comer preguntoulle a filla o pai, que xa non a coñecia:

     -¿Como encontra a comida?

     -Non está mal feita pero fáltalle o sal, e o sal é sabor dos sabores.

     -¿E logo vostede, meu pai, non se acorda de que me botou fóra da casa porque lle dixen que lle quería polo sabor dos sabores?

     Entón o pai recoñeceu a filla e pediulle perdón.


XOAN ARCO DA VELLA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901