DIÑEIRO CHAMA A DIÑEIRO
CONTO
CONTO
Era unha vez un mozo que vía que toda a xente que ía a Madrid viña moi
lucida e con algúns cartos na faldriqueira, e tamén se lle antollou
marchar alá, pensando que en Madrid ataban os cans con longaínzas.
Pediulle a un veciño cinco pesos prestados e marchouse sen despedirse
de ninguén como fan todos. Foi pedindo polos pobos, de maneira que cando
chegou alá, despois de manterse, levaba sete pesos no bolso. Pero
saíulle a Pascua e venres porque gastou case todos os cartiños e non
atopaba traballo.
Un día, cando só lle quedaba un peso e andaba o home levado do diaño,
acertou a pasar por diante dunha casa desas que teñen montóns de diñeiro
nuns armarios que dan para a rúa, cuns reixóns de ferro por diante para
que ninguén popida coller os cartos. Quedou pasmado ao ver tanto carto
xunto, achegouse alí un pouco e estivo cavilando as leiras e os prados
que podería mercar se todo fora del. Nisto acordouse que a xente dicía:
"Diñeiro chama diñeiro ". Entón sacou o peso que lle quedaba, meteu a
man estre os barrotes dándolle á man para diante e para atrás ao mesmo
tempo que dicía:
-Diñeiro, chama diñeiro...Diñeiro, chama diñeiro...
Nunha destas voltas tropezoulle o peso nunha reixa e marchou a rolos deica o montón máis grande de moedas que alí había.
O pobre do mozo quedou coma se lle desen unhas labazadas e dixo pensando:
XOAN ARCO DA VELLA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901