No outerito de Rubiós houbo unha grande cidade chamada San Salvador ou Cachiquimbra, nome que aínda leva unha parte do monte.
Esta cidade foi destruida po-los romanos ou po-los franceses que estaban no castro do Furriolo.
Emprincipiou o ataque, un grande fogo sostido dende o
propio Furrioloa pesar da distancia de dúas legoas que os afasta, pois é
sabido que os antigos tiñan mellores armas e de máis alcance que as
nosas.
Fóronse acercando os inimigos a Cachiquimbra, puxéronlle sitio e
remataron por destruila, morrendo dos da vila 11.000 mártires.
Cando os sitiadores estaban xa ó pé da vila, uns soldados foron pousar unha miga á beira dunha poza, que aínda existe, es sentáronse nunha, coidaron trabe, que estaba deitada no chan.
Pouco tempo durara a pousa, cando
sentiron rebulir a trabe, e viron con espanto que era unha serpe
grandísima que, despois de beber na poza, quedara adurmiñada.
Disparáronlle os seus fusís, pero tiña tan duro o coiro que as balas non
lle entraban, e entón foi cando un dos soldados mandou que colleran un
anaco de carne e que o prenderan no cabo dunha corda.
Feito isto,
déronlle a carne a serpe e en canto lle entrou na gorxa ataron á corda a
un penedo, e a serpe morreu no instante mesmo. Desde entón é que chaman
á poza a "Poza da Serpe".
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901