Chámase así ao feitizo, embruxamento ou encantamento do
que se valen meigas e feiticeiros para acadar os seus propósitos. Hai
xente na Galiza que cre que o meigallo é cousa certa, considerándoo
efecto da envexa. Métese no corpo da persoa elixida, xeralmente unha
moza abandonada polo noivo ou unha muller que se cre vítima da envexa.
A persoa que padece a doenza non entra por propio gusto na igrexa nin atende á misa, pero os parentes ou amigos e amigas obrígana a oír a misa cantada.
Evidénciase o seu feitizo no feito de que mentres o crego
ergue a hostia e o cáliz, ela berra, bota escuma pola boca e retórcese
en convulsións case epilépticas para caer rendida, abeirada polos que a
suxeitan que no en tanto non deixan de lle dicir, un pouco arrepiados e
autoritarios: bótao fóra!... bótao fóra!...
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901