O LOBO DA XENTE DE PRADO
LENDA
LENDA
O outro bobo da xente, famoso nas terras de Viana, é o lobo da xente de
Prado, Trátase dun mozo que nunha ocasión estaba cortando molime en
compañia do seu pai e, chegaba a hora de xantar, sentaron a comer un
anaco de pan, dicindo o fillo:
- O que eu comía de boa gana a estas horas era unha miga de carne; o pan seco non entra ben.
Ao que lle contesto o pai:
- Nunca falto de carne te vexas. Aínda lobo da xente te volvas para que nunca che falte.
Aquel mesmo día desapareceu o maldito, comenzando as súas malfeitorías
aterrorizando a comarca polo gran número de vítimas que enguliu. Víase a
miúdo en forma humana; dunha vez preparábase para envolcallarse na
bosta dunha vaca coa intención de transformarse en lobo e devorar un
rapaciña pero, chegando o pai da nena, preguntoulle que estaba facendo.
- Buscando unha agulla que me caeu - respondeu e, cando xa estaba un pouco lonxe, engadiu:
- Sorte tiveches vir hoxe por aquí, senón íache comer a filla.
Noutra ocasion en que tamén estaba en forma humana, a fame e o frío
obrigárono a pedir amparo na casa dun amigo se Soane (Viana), quen de
moi mala gana o deixou entar na súa casa nunha fría noite de inverno
para que se quentase e comese.
Pasaban as horas sen que saíse da casa, e o temor do amigo ía aumentando porque non facía caso aos rogos e razóns que lle facía para que marchase, véndose na necesidade de botalo case á forza, cerrando a porta en canto pasou a soleira da casa. Isto salvouno dunha morte segura, pois no mesmo intre transformouse en lobo, rabuñando a porta e tentando tirala abaixo.
Pasaban as horas sen que saíse da casa, e o temor do amigo ía aumentando porque non facía caso aos rogos e razóns que lle facía para que marchase, véndose na necesidade de botalo case á forza, cerrando a porta en canto pasou a soleira da casa. Isto salvouno dunha morte segura, pois no mesmo intre transformouse en lobo, rabuñando a porta e tentando tirala abaixo.
Por fin matárono cando estaba en forma humana. Para iso agardaron na
ponte, logo de preparar unha pedra e unha corda cun nó corredizo.
Botáronlle a corda ao pescozo cando ía pasar a ponte e guindárono no río
onde afogou.
MAPA
Viana do Bolo - Ourense
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901