AS XACIAS 
LENDA
LENDA
Unha xacia de Chouzán aparecéuselle a un pescador nun pozo do río e contoulle que, se a bautizaba, podería escapar do río e casar con el. O pescador ao vela tan guapa non resisteu a tentación e levouna á casa do cura para que a fixese cristía e logo casou con ela.
    
 Os fillos que tiveron, ao dicir dos veciños, non facían máis que estar 
sempre no río bañandosee lapexando auga. Ao vir dun traballo ou cando 
lles petaba na gana, alá ían de cara ao río. O pai enfadábase por isto 
ata tal punto que un día rifou con eles chamoulles fillos da xacia.
    
 Tamén a muller rifaba con el ata que ela, desprezada e maldita, colleu o
 camiño do río e abandonouno para sempre, pero ao chegar xunto ás outras
 xacias estas matárona porque era cristiá. Cando lle veu o trasacordo ao
 home, marchou en procura dela e viu o seu corpo en cahos nadando nas 
augas do pozo.
    
 A filla máis nova era a que adoitaba ir co gando ao monte e unha xacia 
viña para xunto dela facéndose moi amigas, pois regaláballe grans raiña 
de millo que se lle volvían onzas de ouro na faltriqueira. Pero sempre 
lle dicía que non contase a ninguén xa que, se tal facía, levaríana os 
mouros para sempre.
    
 A pobre rapaza, de nome Sabela, tivo a debilidade de contarlle a cousa a
 seu pai e, un día que foi co gando o monte, non volveu máis.
    
 Ao ver que a filla non viña co gando, o pai botouse ao monte en procura
 da filla e andou ao redor do castelo a ver se aparecía por algún lado 
morta ou viva.
    
 Chamaba por ela, berraba, choraba, pero a rapaza non aparecía. Canso de
 chamar xa se volvía para a casa, sen esperanza ningunha de dar con ela,
 e oíu unha voz fonda que desde o curuto do castelo ameazaba:
Sabeliña, sabelón
fritida está en aceitón.
Vilar de Ortelle, Pantón - Lugo
SÍGUENOS:
Facebook 
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901