domingo, 7 de octubre de 2012

A CIDADE ASOLAGADA DE BOEDO - LENDA

A CIDADE ASOLAGADA DE BOEDO
LENDA






     No Boedo había unha cidade. Por ela pasou un día a Sagrada Familia pedindo comida e non llela quixeron dar. 


     Mesmo un zapateiro lle guindou a súa forma a Xexús Cristo. Chegaron a unha casa pobre onde os nenos estaban tras a lareira chorando de fame. 


     A muller da casa quixo atender a Xesús Cristo e á Virxen; deulles pousada, pero non tiñan outra cousa que darlles. A Virxe díxolles; "Faga unha torta coa cinza"; e a muller resisteuse ao principio dicindo que non podía ser porque non ligaba nin formaba masa; pero á fin, fíxoo. 


     A Virxe entón dixo; "próbea, señora; é tan certo que é torta cocida de trigo, como que a cidade de Boedo está asolagada; por culpa dun malo, Deus destrúe unha cidade". 

     Dise que desde entón se escoitaban campás e un ruído que foi esconxurado por un cura; pero aínda hai un sitio ao que lle chaman "O Pozo da Campa".


MAPA



SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
San Xoán de Lagostrelle, Guitiriz - Lugo


XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901