O DEMO AXUDA AO CASEIRO
CONTO
CONTO
Había un señor moi rico que tiña un caseiro moi pobre. E un ano, foise o
caseiro e díxolle ao seños se lle deixaba cavar un cacho de monte que o
señor tiña.
Díxolle este que si., que cavara o que quixese, pero o caseiro preguntoulle en que condicións había ser eo señor contestoulle.
Díxolle este que si., que cavara o que quixese, pero o caseiro preguntoulle en que condicións había ser eo señor contestoulle.
-Pois... o que máis cave, máis queima.
Marchouse o caseiro e todos os días cavaba canto podía pois, inda que o
señor non aparecía unha boa roga e cavaba canto monte quedaba.
Pero non foi así. O señor non apareceu por alí e o caseiro cavou todo o monte.
Cando chegou o verán, volveu o caseiro onda o señor e díxolle que
cavara todo o monte, que estaba xa para queimar e a ver como había ser.
-Ben -contestou o señor-. Pois o que máis queime, máis semente.
Marchouse outra vez o caseiro e queimou toda a cavada sen que o señor aparecera por alí para nada.
Veu o mes de outono, pero o caseiro non se atreveu a sementar o monte
sen antes estar co señor, conque foise xunto del e díxolle que xa era
tempo de sementar, e qué había ser. O señor contestoulle coma sempre,
que o que máis sementara máis segaría. Outra vez o caseiro correu canto
puido e, como o amo non apareceu por alí, sementou todo o monte.
Chegou o tempo da sega e, non atrevéndose a facela sen consultar co
amo, volveu o caseiro xunto do señor e díxolle que o pan do monte estaba
maduro, que xa se podia segar, e que a ver como había de ser.
-¿E como ha ser? -contestou o señor-. Ben. Coma sempre, o que máis segue, máis leva.
Marchouse o caseiro e, pensando que o señor non se apuraría, chamou a
todos os veciños para que lle foran axudar e el foise moi contento,
pensando que cando fora o amo xa el tería todo o monte segado. Pero non
foi así, porque aquela mesma tarde foise o señor detras do caseiro
chamando a todos os veciños.
Chegou o día da sega e o caseiro madrugou canto puido e, sen esperar
polos veciños, marchou para o monte a foi empezando a segar por un lado.
Pero cando tiña tres ou catro regos segados, veu aparecer o señor, e
con el todos os veciños que se poñian a segar polo outro lado do monte.
Quedouse o home todo triste e, vendo o pouco que podía facer, marchouse
triste para a casa. Pero polo camiño encontrou o demo que lle preguntou
por que ía triste. Contoulle o caseiro o que lle pasaba e entón o demo
díxolle que aquilo que o arranxaba el segándolle todo o trigo se lle
daba o primeiro que nacese na casa. Púxose o caseiro a pensar, pois tiña
a muller, unha cocha e unha gata para o mesmo tempo. Botou as súas
contas e apreceulle que a primeira había ser a gata e aceptoulle ao demo
o contrato.
Foise o demo para o monte e empezou a segar, rego abaixo, rego arriba,
rego abaixo e rego arriba, tan de présa que segaba máis o demo ca todos
os veciños xuntos. Picáronse os veciños e dixeron que o mellor era irlle
pegar unha patada no cu e botalo fóra da cavada. Saíu un rapaz e dixo
que ía el. Botouse tras o demo e, cando se puido chegar a el, pegoulle
unha patada con con canta forza puido. Pero tan forte lle deu que se
enterrou a zoca e o pé no cu do demo, e este seguíu segando coma se nada
fora e co bo do rapaz arrastro pola restrebeira. Os veciños, que tal
viron, agarraron tal medo que escaparon todos para as súas casa e non se
atreveron a volver o monte. Cando lle pareceu, o demo fixo un pouco de
forza e soltoulle o pé ao rapaz, pero xa lle saíu podre. Mal como puido,
foise o rapaz para casa e os veciños, ao velo así, tal medo agarraron
que ninguén se atreveu a volver polo monte máis o caseiro, que
tranquilamente foi pouco a pouco levando todo o trigo para a casa.
Os días foron pasando e os gatos non acababan de nacer así que o bon do caseiro xa non as tiña todas consigo.
Por fin chegou o día, e o primeiro que lle naceu foi un pequeno. Andaba
o home todo triste pensando que de un momento a outro chegaría o demo
polo pequeno. A muller, así que o viu tan triste, preguntoulle se non
lle gustaba o pequeno, e el entón contoulle o que lle pasara co demo.
Ela díxolle que non se apurara por tan pouca cousa, que o fillo tamén
era dela e que cando viñera o demo que o mandara pasar. Xa ela se
entendería con el.
E así foi. Logo chegou o demo por alí e encontrou ao home diante da porta. Ao velo díxolle:
-¡Veño polo prometido!
O home díxolle que pasase, que o tiña na cama e, cando o demo chegou alí, díxolle a muller:
- Xa sei o que che prometeu o meu home, pero o pequeno tamén é meu. Antes de levalo, tes que poñer dereito este pelo.
E arrincando un de debaixo do brazo deullo ao demo. Este púxoo sobre
dunha man e coa outra empezou a darlle voltas, pero cantas máis lle
daba máis se enroscaba o pelo, ata que, cansado de tanto darlle a
véndose burlado, pegou un estalo e saiú por unha lumeira deixando un
olor a xofre que durou máis dun mes.
XOAN ARCO DA VELLA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901