TORRE DE SANDE
SANDE
CARTELLE
OURENSE
Situada sobre o río Arnoya, onde se dispón dunhas espléndidas vistas dos canóns que forma este río, constituía a sede dunha xurisdición que abranguía varias parroquias da zona. Foi doada ao mosteiro de Celanova por Alfonso VII, alcumado El Emperador, en 1141.
Trátase dunha fortaleza medieval que foi especialmente concibida para a vixilancia e defensa das terras da súa xurisdición, constituíndo un dos principais vestixios de arquitectura militar existentes na bisbarra, o que certifica a importancia desta na Idade Media, durante as loitas entre España e Portugal.
Na actualidade, mantense en piei unha torre rectangular, declarada de Interese Turístico Nacional en 1949. Posiblemente trátese dunha construción de estilo Gótico tardío, do s.XIV, polo que se pode deducir do seu almofado e do arco de medio punto da porta, na que leva decoradas as armas e o escudo do apelido Sande.
Desde a súa privilexiada situación servía ó mesmo tempo como centro de control da riqueza agropecuaria da veiga, así como punto de dominio dunha confluencia de varias vías de comunicación de obrigado paso, configurándose deste xeito nun importante lugar de control do territorio.
Conta unha cantiga tradicional:
Castelo de Sande,
pernas de avión,
cuantas terras vexo,
todas miñas son.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901