domingo, 5 de enero de 2014

MUIÑOS DO INQUIAU - ARNOIA

MUIÑOS DO INQUIAU
RIO ARNOIA
ARNOIA
OURENSE


     A terra de Arnoia comprende, ademais da área do val en donde se traballan os cultivos de viñas e hortalizas- unha zona alta, de orografía rocosa e practicamente despoblada. 


     É terreo forestal, que representa algo mais da metade do termo municipal, no que o pino avanza sobre as frondosas. 


     A través das "fortes costas esmaltadas de viñas" (Otero Pedrayo), o arnoiés comtempla o perfil do Coto Novelle, o pico máis alto do municipio, cos seus 714 metros.


     Dentro da relación de espazos naturais recollidos polas Normas Complementarias e Subsidiarias de planeamento realizadas pola COTOP (Xunta de Galicia), aparecen como catalogados as ribeiras do Miño, a delimitación do espacio presenta unha zona de influencia antrópica, cos aterrazamento de viña e de horta. O seu principal interese é paisaxístico.



     Tamén debe ser tido en consideración o cañón do río Arnoia, que da lugar a paraxes como A Peneda, bosque onde abondan sobreiros, cun vello pobo abandoado, as recuperadas fábricas da electricidade, e as augas do Arnoia que "el accidentado suelo las obliga continuamente a colarse entre las rocas que las rompen en mil espumas", e siguen dicíndonos os autores de "Ourense Natural": "Pocos lugares como este en toda la provincia orensana, deparan en verano sensaciones tan agradables y placenteras".



     Seguindo río abaixo atopamos Silvaescura que lle parece a don Ramón semellante en nome e beleza á Schwarzswald alemana. Mais abaixo o Inquiau, onde se constrúe unha área recreativa no medio do río que se parte en pequenos brazos, recuperando os muíños dez, en referencia as súas pedras. 



     Despois de pasar a ponte medieval e máis muíños chegamos á área de recreativa de As Poldras e logo á desembocadura formando dous pequenos islotes graníticos Os Castelos.



     As numerosas áreas recreativas, acertadamente inte­gradas na paisaxe; sen estridencias, contribúen a mellorar a oferta turística. Conta o munici­pio coas áreas de:
    A Ínsua (Inquiau).
    As Poldras.
    A Queixeira.
    A Reza.



     O enclave privilexiado, a vexetación, o clima, as augas termais e as características fluviais son condicións naturais aproveitadas con acerto e coidadas con esmero, e posibilitan unha rica e novedosa oferta turís­tica no municipio.
 

MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901