LAGOAS DO COIREGO
MONTE COIREGO
COTOBADE
Lagoas do Coirego
As lagoas do Coirego, en realidade son dúas, unha delas moito máis pequena. A construcción dunha pista forestal separou a esta última da súa fonte de alimentación, polo que está en período de desaparición.
Están situadas nunha golada, na divisoria de augas que verten ao Lérez, polo norte, e ao Almofrei, polo sur; ao oeste da cima do Coirego, entre as parroquias de Carballedo e Santa María de Sacos.
O Concello de Cotobade está situado ao oeste de Galicia e ao leste da privincia de Pontevedra de cuxa capitalidade dista 19 km. A súa situación xeográfica é 42º28', latitude norte; 8º28', lonxitude oeste. A altitude media é de 392 metros sobre o nivel do mar.
Ten unha extensión de 135,2 kilómetros cuadrados e unha poboación aproximada de 4.600 habitantes, distribuídos en 135 entidades de poboación que se agrupan en 13 parroquias: Aguasantas, Almofrei, Borela, Carballedo, Caroi, Corredoira, Loureiro, Rebordelo, San Xurxo de Sacos, Santa María de Sacos, Tenorio, Valongo e Viascón.
Poden distinguirse dúas zonas perfectamente diferenciadas dentro das terras de Cotobade: por un lado as "Terras Altas", bañadas polo río Almofrei, que nace no monte do Seixo situado a 900 m sobre o nivel do mar, e que dende Caroi, discorre cristalino por frondosos vales, onde abundan as carballeiras, e outras masas forestais. Ademáis, nos montes de Valongo nace o río Calvelle, que xunto ó Barbeira aflúen ó Verdugo que formará a Ría de Vigo.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901