sábado, 6 de octubre de 2012

O CONTO DE BOTAR AS TRIPAS FÓRA


O CONTO
DE 
BOTAR AS TRIPAS FÓRA
CONTO



    
     Era unha muller que tiña un fillo medio tolo que lle dixo que quería marchar polo mundo adiante.

     Aínda que a nai non quería deixalo ir de ningunha maneira, tanto e tanto porfiou que, á fin, deulle licenza para que se marchase, pero antes acordaron comer un cordeiro.

     Antes de marchar, o tolo arrodeou as tripas do codeiro á cintura e despidiuse da súa nai, que lle dixo chorando:

     -¡Adeus, meu filliño querido! ¡Que non che falte traballo polo mundo! E mira, dálle as horas a todo o mundo e, cando encontres algúns traballando, dilles "¡Deus os axude!"

     O tolo marchou andando por un camiño adiante e viu dous home pelexando e, ao pasar por onde eles, díxolles:

     -¡Deus os axude!

     -¿Como que Deus nos axude? ¡Ímoslle axudar nós a ti!

     Pararon de pelexar e déronlle unha tunda que foi por demais. Cando pararon de lle pegar, díxolles o tolo:

     -Eu, se lles dixen "¡Deus os axude!" foi porque miña nai me mandou.

     -Pois así non se di.

     -¿E logo como?

     -Pois dise "Deus os aparte".

     Seguiu o seu camiño e chegou á porta duha igrexa onda estaban facendo unha voda e díxolles:

     -¡Deus os aparte!

     Os da voda, ao oír aquilo, foron e zoupáronlle a bota ben zoupada.

     -¿E logo por que me pegan?

     -¡Inda preguntas por que! Pois por dicir "¡Deus os aparte!"

     -¿E logo como hei dicir?

     -Debes dicir "¡Deus os aumente!"

     Botou a andar e, máis adiante, viu un home que estaba curando uns grans que tiña nunha perna e díxolle:

     -¡Deus os aumente!

     O que lle aumentaron foron os paus, pois aquel home deulle outra malleira que non é para contala.

     O toliño comprendeu que sería porque non lle falara como era debido, e preguntoulle:

     -¿Seica non falei ao seu gusto? Aconsélleme como hei decir.

     -¿Como has decir? Pois debes dicir: "¡Nin nazan nin reverdezan"!

     De alí un pouco encontro uns homes que astaban plantando unha viña e soltoulles o que o outro lle dixera:"¡Nin nazcan, nin reverdezan"!. Pero xa lle falou con algunha aquela, para escapar se vía que ían cara a el.

     Claro, os homes, ao escoitar a beizón que lles botaban, pegaron a correr tras del pero o tolo, en canto viu aqueles aceños, emprincipiou a correr todo canto lle daban as pernas, e como lle estorbaban as tripas do cordeiro que levaba arrodeadas a cintura, sacou a navalla e cortounas.

     Unha muller que lles ía levar comida aos homes da viña berroulles.

     -Non o atrapedes porque sacou  a navalla e botou as tripas fóra, e agora corre moito máis.

     Os outros pensaron que se eles botaban as súas tripas fóra, tamén correrían máis e, sacaron a navalla e abriron a barriga, cada un a súa. E alí quedaron.



SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901