sábado, 6 de octubre de 2012

FERVENZA DE FONDÓS

FERVENZA DE FONDÓS
E
PENEDO DO GAÚLLO
CHANTADA
LUGO
¿Onde esta o paraiso?

     Xa na comarca de Chantada, a escasos quilómetros da casa das Xacias podemos visitar o Penedo do Graullo. 



     Semella prolongarnos ata o ceo ou botársenos enriba cando alcanzamos coa vista o seu cume.       


     Tamén é sorprendente a Peneda de Erosa, curiosa formación xeolóxica que parece desafiar á lei da grávidade e que deu pé a un sinfín de lendas.



     No medio do río saúdanos a Illa de Sernande repleta de vexetación. Hai fervenzas espectaculares que destacan non só pola altura senón pola ubicación: a natureza personificada. 



     É o caso da fermosa Fervenza de Fondós. Un recuncho idílico é o pobo de Belesar, casas de planta baixa bañadas polo río, cunha rexa ponte de acceso. 


     Os pescadores vixían as súas barcas e se o tempo o permite tentan a sorte. Trátase do lugar máis pintoresco da zona. Para os amantes das vistas impresionantes e da tecnoloxía temos o Encoro de Belesar onde o Río Miño dorme repousadamente.



      É, por último, obrigatorio percorrer a dureza e fermosura da RIBEIRA SACRA LUCENSE, avistar os sucalcos ateigados de cepas e desgustar os seus exquisitos viños.


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901