NON É CUCO QUE É CUCA
CONTO
CONTO
Era un matrimonio moi cargado de fillos e, como non tiña con que os
manter, en canto servían para algo bótabaos polo mundo buscar a vida.
O último que botaron era máis listo ca un allo porrateiro.
Foi andando ata que encontrou un home negro coma un carbón, que lle preguntou para onde ía.
-Vou buscar un amo para sevir.
-Pois podes vir conmigo, que eu preciso de un criado.
-Pois vamos.
Chegaron á casa o criado e o amo, que era o demo, e axustáronse desta
maneira: o criado había servir naquela casa ata que cantare o cuco, non
se había enfadar por nada, e o amo tampouco. Ao primeiro que se
enfadase, podíalle quitar o outro unha correa dende a cabeza deica os
pés.
Para o outro día, díxolle o demo o criado:
-Vai ao monte e tráeme un carro de leña da máis torcida que atopes.
Foi é xunguiu as vacas, apuxo o carro e marchou á viña do amo e cortou
as cepas que lle fixeron falta para cargar o carro e levouno para a
casa. Viuno vir dema e díxolle ao home:
-Xa vén o criado co carro da leña.
-¡Que vai vir!
-¡Vén, vén! E trae unha leña que é retorcida de todo.
Cando o criado chegou co carro, preguntoulle o demo:
-¿E logo, de onde traes a leña?
-Corteina nunha viña que hai por aí arriba.
-¡Ti estás tolo! -preguntoulle o criado sacando a navalla.
-Non é que me enfade pero..... ¡Derramáchesme a viña!
Despois, falando o demo coa muller dixolle:
-Hasme traer hoxe un carro de leña da máis dereita que atopes.
-Está ben, meu amo. Agora mesmo o vou buscar.
Preparou o carro e foi e marchou a un piñeiral que tiña o amo e cargou o
carro dos pinos máis direitiños que atopou. E, cando ía cara á casa,
díxolle a muller ao demo.
-Aí vén o criado co carro de leña..... E, ¡que dereitiña é!
Chegou o criado co carro da leña e preguntoulle o demo:
-¿E logo, onde cortaches esa leña?
-Corteina nun piñeiral que hai mesmo ao lado da súa viña.
-¿Ti que fixeches? Ese piñeiral é o meu.
-¿Seica se enfada?
-Non é que me enfade, pero.....¡derramáchesme o piñeiral!
Aquela noite, cando se deitaron, dixolle o demo á súa muller:
-Temos que ver a maneira de botarmos o criado fóra, senon arruinanos.
-Temos que ver a maneira de botarmos o criado fóra, senon arruinanos.
-¿E como imos facer?
¡Pois, inda non veu o cuco!
-Mañá levántaste cedo e sóbeste á figueira e cantas coma o cuco e, entón, dígolle que xa veu e botámolo fóra.
Para o outro día á mañá, levantouse a dema ben cediño e subeuse á
figueira e púxose a cantar coma o cuco, e foi o demo e chamou polo
criado e díxolle:
-Levántate e amaña a roupa para marchar, que xa está o cuco cantando.
-¿E logo, onde canta?
-Na figueira. ¡escoita!
Vai o criado e colle a escopeta do amo, sae á ventá e, ¡pum!, deulle un
tiro á dema e matouna. Foi alá correndo e, ao vela, díxolle ao amo:
-¡Inda non marcho! ¡Este non é cuco que é cuca!
-¡Desgraciado, matáchesme á muller! -berrou o demo.
-¿Vostede enfádase, meu amo?
-¡e logo, non me vou enfadar, matándome á muller?
-¡Pois, a ver a correa!
Botou
man da navalla e sacoulle ao demo unha correa do cerrizo, dende a
cabeza deica os pés, así como para facer un temoeiro, e o demo morreu.
E, como non tiña herdeiros, o criadochamou por alí á súa xente e quedáronse cos bens do demo e viviron alí moi contentos.
XOAN ARCO DA VELLA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901