¡ MEU PAI ! ¡ AI, MEU PAI !
CONTO
CONTO
-¡Meu pai ! ¡Ai, meu pai!
-¿Que é o que queres, hom?
-¡A nai botouse no leito a berrar que é moito berrar, seica di que lle doe moito a barriga!
-¡ Pois deixa que berre, hom, deixa que berre se lle fai ben!
Pasou un pouco e o rapaz volveu berrar:
-¡Meu pai! ¡Ai, meu pai! ¡A nai ceica morre, que berra máis a cada paso!
-¡Déixame de lerias, hom, déixame de lerias, que estou traballando!
-¡Mire que lle está moi maliña! ¡É ben que veña á casa!
-¡Vaite ti aló, hom! ¡Vaite ti aló que eu non che podo! -dixo o home.
E viroulle as costas ao fillo que berraba dende o fondal da horta.
Pouco tempo pasara e volveu berrar de novo o rapaz:
-¡Meu pai! ¡Ai meu pai! ¡A nai pariu un neno totalmente coma un cuxo!
-¡Boh! ¡E para iso tanto berrar, hom! -fixo o home.
E remusgando que sabe o que seguiu a fozar na terra.
Pasou tempo, o home traballaba na mesma leira, e, dende o fondal da porta volveu berrar o fillo:
-¡Meu pai! ¡Ai, meu pai!
-¿ Que é o que queres, hom?
-¡Que a cocha está facendo a cama e seica quere parir!
-¡Vaite termar dela non sexa que se vaia mancarse!
¡Corre ben que eu vou decontado!
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901