viernes, 12 de octubre de 2012

IGREXA DE SAN XES DE FRANCELOS

IGREXA DE SAN XES
FRANCELOS
RIVADABIA

     Esta pequena xoia do arte prerromano galego sitúase na veiga vitícola de Valparaiso onde a fins do século IX-X existía un cenobio de monxas benedictinas que pronto pasaron a depender do mosteiro de Celanova.

    
     Trátase dun interesante edificio prerrománico, considerado monumento histórico- artístico dende o ano 1951.


     A pesares de que a igrexa sufriu numerosas transformacións sobre todo no século XVIII, hoxe aìnda podemos ver distintos elementos reaproveitados da primitiva edificación monástica, coma un arco de ferradura e unha fermosa celosía rematada nun arco de medio punto na fiestra.


    
     A ambos lados do arco de entrada sendos relevos representan “a entrada de Xesús en Xerusalém” e a ”fuxida de Exipto”.


      Esta igrexa pequena e tan característica, atópase a 2 kilómetros do casco de Ribadavia na zoa coñecida como Francelos. 


     Un dos maiores pobos pertencentes a capital do Ribeiro.


XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901