San Pedro de Tomeza é unha parroquia situada no sudoeste do concello de Pontevedra. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 1.113 habitantes (572 mulleres e 541 homes), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.104 habitantes
Limita coas parroquias de Salcedo, Marcón, Mourente e A Canicouva, á que pertenceu cando era concello de seu.
A parroquia está atravesada pola ruta portuguesa do camino de Santiago, que transcorre paralela ao río dos Gafos.
A ermida de San Cibrán está situada no monte do mesmo nome. O luns de
Pascua celébrase unha romaría na honra do santo. Segundo a tradición,
para afastar o meigallo cómpre dar sete voltas á capela tirando sete
pedras no seu tellado. No templo hai unha imaxe da Virxe da Peregrina.
As festas parroquiais de San Pedro celébranse o 28 e 29 de xuño no lugar de Lusquiños.
A parroquia é terra de canteiros, sendo o de maior sona o mestre
Daniel, o célebre canteiro de Tomeza, autor entre outras pezas das
escaleiras da Casa do Concello de Pontevedra.
O primeiro domingo de agosto celébrase a Festa do Canteiro,
homenaxeando cada ano o labor dun escultor da pedra. Entre outros, un
dos homenaxeados foi Sebastián Casalderey, autor da imaxe da Virxe da
Peregrina do Albergue dos Peregrinos e das figuras representadas na
fonte da praza de Compostela, en Pontevedra.
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901