IGREXA DE SAN BREIXO
ARCOS DE FURCOS - CUNTIS
PONTEVEDRA
A actual igrexa parroquial de San Breixo, con torre das campás no
centro da súa fachada, foi trasladada pedra a pedra dende as
proximidades do lugar de Arcos de Arriba concretamente do lugar da
Manguela, no que houbo un antigo mosteiro que xa existía polo S. IX
aló pola época barroca, como así o demostra o estilo no que está
construída.

O templo ten planta de cruz latina e dentro del venérase a San
Breixo, a Virxe do Rosario, a Virxe de Monserrat, San Sebastián e
multitude de santos máis que completan o devocionario desta freguesía.
Nas inmediacións consérvanse restos construtivos de época románica, que nin tan sequera foron aproveitados na arquitectura moderna, como tamén tres lumieiras de arco conopial pertencentes a un antigo baldaquino datable entre os séculos XV e XVI.

En tales restos escultóricos, fincados no muro do adro parroquial,
recréanse tres escenas bíblicas: a Natividade, a Adoración dos Reis
Magos e o Desencravo de Xesús Cristo.
Existiu unha cuarta lumieira, hoxe desaparecida, na que se representaba -segundo parece-, a Anunciación.
Un altar de pedra, cos símbolos dos mártires do cristianismo (neste caso facendo alusión a San Breixo), unha pía bautismal e unha sepultura escrita en caracteres góticos completan este pequeno conxunto de interese histórico-artístico; mais non nos debemos esquecer do seu singular cemiterio e o seu cruceiro.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901