miércoles, 10 de octubre de 2012

IGREXA DE SAN BREIXO - BARRO

IGREXA DE SAN BREIXO
BARRO 
PONTEVEDRA
 

     San Breixo de Barro é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Barro. Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 647 habitantes (332 mulleres e 315 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un mantemento en relación ao ano 2004 cando contaba con 644 habitantes.

 

Patrimonio:
     A igrexa parroquial de San Breixo está situada en Cangrallo. Ten planta rectangular, co corpo posterior máis elevado. O campanario central ten dous corpos, con base mensulada e cúpula octogonal nervada.




     O peto de ánimas de Porráns é aberto, sen protección. de pedra, tiña un retablo policromado, pero na actualidade só conserva restos de cor ocre. O caixón de esmolas tamén desapareceu, quedando só o oco. 


 
     
     Preside o conxunto unha figura de Cristo acompañado de San Francisco á dereita e da Virxe do Carme á esquerda. Unha corda os suxeita, á cal se acollen cinco almas para librarse do lume que as atormenta.


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube



XOAN ARCO DA VELLA


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901