FIUNCHO
HINOJO
Foeniculum vulgare
HINOJO
Foeniculum vulgare
Trátase dunha planta apiácea, coñecida e abondosa que cheira moito. Cheira a anís.
As follas son coma fíos. Bota as flores polo verán de cor amarela. Cando as flores dan froito, chámanse anises. As follas empréganse nos maios.
É unha das sete plantas básicas para facer a mestura para elimina-los malos espíritus a noite de San Xoan.
Trátase dunha planta coñecida e abondosa que cheira moito.
As follas son coma fíos. Bota as flores polo verán de cor amarela. Os tallos son brilantes.
Cando as flores dan froito chámanse anises, e o parecer bótanse as
castañas para cocer. As follas están dispostas en grandes umbelas.
As follas empréganse nos maios.
É unha das sete plantas básica para facer a mestura para elemina-los malos espíritus a noite de San Xoan.
Os froitos tamén se utilizan para facer anís.
Dase moi ben en terrenos secos, baldíos, terrapléns e a carón dos ríos.
En castelán chámase hinojo común, en galego fiúncho e fiollo, e en portugués funcho.
De ata 2 metros, con tallo estrilado brilante, glauca e olorosa.
Folla de contorno triangular, con lóbulos filiformes de extremo cartilaginoso.
Umbela con 4-30 radios xeralmente sin brácteas; flores amarelas.
Dase ben nos bordes de camiños, estradas, etc.
O fiúncho é especial para as flatulencias, malas dixestións,
inflamación intestinal, inflamacións dos ollos, tos, asma...para casi
todo.
O froito ten un aceite esencial con anetol que é moi bon para todo o anterior.
Ollo: ten contraindicacións.
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901