viernes, 12 de octubre de 2012

SABUGUEIRO - SAMBUCUS NIGRA L.


SABUGUEIRO
Sambucus nigra L.





     O sabugueiro é un arbusto que non pasa dos 10 metros, vese moitísimo a beira dos ríos galegos.

     O seu aspecto é inconfundible. Fai anos os rapaces facíamos de todo co sabugueiro, cerbatanas, tiratacos e ata flautas. Posiblemente como planta medicinal sexa unha das máis importantes.

Nomes galegos:

     Sabugueiro,  bieiteiro, baiteiro, sabugo, sauco, sabugiño, etc. 

Nome castelán:

    Sauco


 
      Trátase dun pequeno arbusto que pode chegar ata 10 metros. Xeralmente entre 2 a 5 metros.

      Eu penso que é bastante doada a identificación sobre todo cando presenta o aspecto da fotografía, xa coas flores. Sin elas non é tan doado. As follas son compostas e opostas, lanceoladas e aserradas, de 5 a 7 folíolos.


     As follas son moi grandes, ata 30 cms. caedizas.


     É típico do sabugueiro que teña o miolo das pólas e tronco moi blanco e mol. Así os rapaces fan despois as xeringas, etc.


     Frolece dende primeiros de primaveira e frotifica xa a primeiros do verán.


     Sempre  se atopa en lugares frescos e húmidos, polo tanto, a beira dos ríos é un lugar especial para os sabugueiros.


     As flores son hermafroditas, pequenas e despiden unha suave aroma, dende logo non moi agradable.

     As flores agrúpanse en corimbos (infrolescencias compostas) terminais de 10-25 cms. tamén moi característicos deste arbusto.

     Os frutos son boliñas negras ou violáceas de 7 mm.

     Florece dende primeiros da primavera, e froitifica xa a primeiros do verán.

     Os froitos xa se ven, unhas boliñas, técnicamente unha drupa entre 6-8 mm., blobosa, negra.

     Por certo os froitos hai xente que os come cocidos e confitados. O parecer son aperitivos e depurativos.

 
       O tronco e grisáceo e verrugoso, as pólas son fráxiles.  

     A corteza é corchosa, agrietada e pardo grisácea.


     Dende logo este arbusto é moi importante en Galicia, soio así se explica que teña máis de trinta nomes distintos : naiteiro, beleiteiro, beneito, biateiro, biauteiro, bieiteiro, bieito, bineito, binteiro, biouteiro, birouteiro, biuiteiro, pau virandoiro, sabuco, sabugo, sabugueiro, sabuguiñoa, sambuco, samugueiro, samuxeiro, sango, vieiteiro, vinteiro, viouteiro, viradoiro, virouteiro, xabucu, cabugo, xabugu, etc.


     Está clara a súa importancia efectivamente, dende o punto de vista medicinal vale para todo: As flores teñen propiedades diuréticas, sudoríferas e emolientes. Os froitos son laxantes.


   As flores teñen moito nitrato potásico, mucilaxe, aceite, en fin, de todo.


     Os froitos ademáis conteñen azúcar, pectina, ácidos orgánicos, vitamina C, en fin de todo.


     As infusións das flores úsanse para todo: afeccións respiratorias, gripes, catarros e laxantes.

    Seica se usan tamén para dores de cabeza: un puñado de flores frescas en remollo de vinagre ( 15 minutos). Ponse sobre unha tela e aplícase na frente. Especial para o dor de cabeza.

     As follas tamén aparte de sudoríferas e purgantes, cocidas son moi boas para cataplasmas contra as almorranas.

     Externamente úsase en locións de baños oculares en dermatose, feridas, queimaduras, farinxite e conxuntivites.

     A casca é sensacional como laxante.

     Hai xente que cós frutos moi maduros fai un xarabe, especial como laxante.

  
     Seica tamén que as follas usábanse para escorrentar as moscas dos cabalos. Facíase un feixe destas follas e levábase cando se cabalgaba. Seica o cheiro fai que as moscas  non queiran saber nada dos cabalos.

     A madeira, que se conserva moitísimo tempo dentro da auga ou fora, serve para facer estacas.

     Ollo, o froito tamén se utiliza para darlle sabor, tipo moscatel, o viño.

     Tamén para oscurecer o viño.

    Os rapaces, eu dende logo fun un deles, fabricábamos cerbatanas, tiratacos e frautas, de todo. Eu dende logo lémbrome de fabricar cerbatanas.

     Para rematar en Bélgica fan có froito do sabugueira unha cerveza que recibe o nome de Cerveza Blierke.

     Sambucus nigra é o nome científico, sambucus deriva de sambuca que é un instrumento musical romano, parecido á arpa, que precisamente se construía coa madeira desta árbore.

     O de nigra venlle pola cor dos seus froitos.


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901