SANTOALLA
SANTOALLA DO MONTE
PETÍN
Aldea de Santoalla
A aldea de Santoalla é un pobo semiabandonado que se atopa no concello de Petín, provincia de Ourense.
Neste lugar só vive actualmente unha persoa, cuxa historia vital foi levada ao cinema.
O de Santoalla é un pobo rodeado de ruínas na comarca de Valdeorras, pertence á parroquia de Santoalla do Monte.
Todas as vivendas, excepto unha, están abandonadas e en estado de conservación moi malo.
Antigamente era un pobo no que a xente se dedicaba as labores de campo e gandería como maneira de gañarse a vida.
O éxodo cara ás cidades fixo que se fose quedando baleiro co paso dos anos.
Entre ruínas sobrevive a vivenda dunha cidadá de orixe holandesa, coa súa casa de campo e os seus cultivos rodeados de ruínas.
Ela traballa esta terra e ten as chaves da pequena capela de Santoalla.
Mediático
A pesar de ser un lugar que non recibe moitas visitas e teñen a moi poucas persoas vivindo nel, a aldea de Santoalla si se pode considerar como un lugar certamente mediático en Galicia.
O motivo, desgraciadamente, escribiuse nas páxinas de sucesos dos xornais nacionais.
O crime dun home holandés, Martin Verfondern, desaparecido no ano 2010 e cuxo cadáver non apareceu ata catro anos despois.
O home residía xunto á súa muller nesta aldea desde o ano 1997 e tras aparecer os seus restos mortais foi detida unha persoa, veciño da aldea, que acabou confesando o crime.
A viúva de Martín, Margo Pool, segue vivindo na aldea nunha vivenda rodeada de ruínas de casas abandonadas.
A historia da parella holandesa residente en Santoalla foi levada á gran pantalla.
Primeiro a través dun documental que leva o nome do pobo e despois a través da película As Bestas, film premiado con 9 Goyas dirixido por Rodrigo Sorogoyen e estreado no ano 2022.
A película está baseada no crime de Santoalla, aínda que non é un fiel reflexo do que alí ocorreu.
Non é a única película que inspirou a paisaxe de Santoalla, pois a finais dos 80 filmouse nesta aldea unha das primeiras películas galegas da historia rodadas en 35mm, a historia Sempre Xonxa (Chano Piñeiro).
VIDEO
MAPA
Fuente: Web Paxinas Galegas
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901