IGREXA DE SAN BARTOLOMEU
CHANDREXA
CHANDREXA DE QUEIXA
Chandrexa
San Pedro de Chandrexa é unha parroquia do concello de Chandrexa de Queixa na comarca da Terra de Trives, na provincia de Ourense.
No ano 2007 tiña 65 habitantes, deles 41 eran homes e 24 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
O seu topónimo deriva de "chan da igrexa".
Lugares de Chandrexa
Bretelo, O Castelo, Chandrexa de Queixa, A Espasa
Chandrexa de Queixa
Chandrexa de Queixa é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Trives e que forma parte do Macizo Central.
Segundo o padrón municipal, no ano 2019 tiña 456 habitantes (854 en 2003).
É un concello eminentemente gandeiro e agrícola que, a día de hoxe, está moi despoboado e en franco retroceso demográfico.
Un acontecemento que veu a marcar drasticamente a vida e o porvir diste concello, foi a construción do encoro de Chandrexa de Queixa alá polo final da década do 1940 e principios do 1950.
Comarca da Terra de Trives
A comarca da Terra de Trives é unha comarca galega situada na provincia de Ourense, na zona leste da Ribeira Sacra.
A súa capital é A Pobra de Trives, e pertencen a ela os concellos de Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives e San Xoán de Río.
Xeografía
A comarca está bañada polo leste polo río Bibei. Un dos seus accidentes xeográficos máis importantes é o pico Cabeza de Manzaneda, con máis de 1.750 metros.
A extensión é de 431,71 quilómetros cadrados, un 1,46% da superficie total de Galicia.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901