MINAS ROMANAS DAS BORREAS
CALDESIÑOS
VIANA DO BOLO
As minas romanas das Borreas
Un percorrido de apenas 3 km, en parte asfaltado, que nos levará a coñecer unha das minas que existiron no territorio da antiga Gallaecia explotadas de forma moi intensiva polos romanos a partir da súa conquista no século II a.C.
Acedemos dende a estrada da Gudiña a Viana do Bolo, collendo o desvío para Caldesiños.
No arranque desta pista podemos deixar o noso vehículo onde o cartel turístico indicando as minas.
Aquí podemos optar por ascender 1 km. pola estrada, con pouco tráfico ou subir ata o miradoiro norte atravesando o bosque entre árbores autóctonas como castiñeiros ou carballos, para continuar ata a estrada e descender ata o aparcadoiro, cunha pequena desviación ao miradoiro sur.
En ambos puntos panorámicos dispoñemos de paneis explicativos que nos facilitan a interpretación da paisaxe inmediata, resultado da acción do home.
Os romanos conseguiron extraer toneladas de ouro utilizando o sistema denominado “ruina montium”, unha técnica que combina a construción de pozos e galerías subterráneas co uso de auga para derrubar grandes masas de terreo aurífero.
Dende eles albiscaremos tamén as montañas da contorna, como a serra Seca coa Cabeza Grande a máis de 1.200 m de altitude, ou a cola do encoro do Vao, no val do río Camba antes de xuntarse co Bibei en Viana do Bolo.
MAPA
Fuente: Turismo Gal.
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901