IGREXA DE SANTA MARTA DE TERA
SANTA MARTA DE TERA
CAMARAZA DE TERA
ZAMORA
Iglesia de Santa Marta de Tera
A igrexa de Santa Marta de Tera constitúe un dos principais valores históricos e artísticos do patrimonio cultural da provincia de Zamora.
En 1996 descubriuse que neste mosteiro prodúcese un fenómeno cheo de maxia: Nos equinocios de primavera e outono, o capitel da alma salvada é iluminado pola luz solar que entra polo óculo do hastial da cabeceira.
Un acontecemento que cada ano concentra maior número de visitantes.
Do antigo mosteiro só consérva a Iglesia románica de planta de cruz latina, dunha soa nave de tres tramos.
Destacan no exterior dúas esculturas de San Pedro e Santiago do século XII.
Sorprende a asimetría das súas portadas, hastial, lado sur no segundo tramo e lado norte en cruceiro.
Esta igrexa conta cun número importante de capiteis significativos na portada sur, no transepto e cabeceira, sobre todo no presbiterio, co conxunto iconográfico de maior calidade plástica e máis alto significado da igrexa.
As cornisas e guarnicións dos beirados e arcos, teñen decoración de billetes, mentres que a dos capiteis ten variedade, reproducindo follas con escotaduras, anxos e santos, talos enlazados e cabezas humanas.
Este templo é un importante enclave xacobeo, que marca o principio e final dunha das etapas do Camiño Sanabrés a Santiago, un ramal desde a Vía da Prata.
Pero o verdadeiro protagonista de Santa Marta de Tera que foi portada de infinidade de libros, láminas, postais e todo tipo de iconografía e "merchandising" xacobeo é a escultura do Apóstolo Santiago.
Considerada pola maioría dos estudosos a representación do Santiago peregrino máis antiga que se coñece e que serviu como modelo para a iconografía das moedas de 5 pesetas de 1993.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901