martes, 9 de mayo de 2023

PONTE DA CIGARROSA - RÍO SIL - PETÍN - A RUÁ

 PONTE DA CIGARROSA

RÍO SIL

A RÚA - PETÍN

 Ponte da Cigarrosa
     A ponte da Cigarrosa é unha construción do século XVI que cruza o río Sil entre as parroquias de Petín e A Rúa de Valdeorras. 

      Ten cinco arcos de diferente tamaño e forma, con catro piares tamén desiguais.

Historia
     Ten a súa orixe nunha construción anterior romana feita durante os reinados de Tito e Domiciano como parte da Vía Nova do itinerario de Antonino entre Braga e Astorga.

     Foi reconstruída en 1577 por Juan de Náveda e reformada un século despois. Da época romana consérvanse no segundo piar cinco fileiras de bloques e os alicerces do cuarto piar, se ben adoitan estar cubertas pola auga. A ponte recibe o seu nome da mansión de Forum Cigurrorum, pois a zona estaba habitada pola tribo dos guigurros. 

     A carón da ponte atopáronse unha lápida e uns mosaicos de época romana, conservados no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. En 2022 atopouse un miliario.

     Os cinco arcos teñen luz variable. Os catro piares teñen tallamares triangulares augas arriba, e dous tallamares augas abaixo. Catro dos arcos son apuntados, mentres que o arco segundo, que é o de maior luz, é de medio punto. O quinto arco está moi reformado, xa que foi recuberto de formigón respectando a primitiva forma apuntada ao construír o encoro de San Martiño a mediados do século XX. Pola contra, o terceiro arco ten moi pouca luz comparado cos demais arcos.

      Os tallamares son triangulares-apiramidados, mais debido ás sucesivas restauracións que sufriu a ponte amosan unha acusada desigualdade, non só no trazado senón tamén da fábrica construtiva.

     A mediados do século XIX configurouse a estrada de segunda orde Ponferrada-Ourense, que discorría pola ponte. 

     En 1904 levouse a cabo unha reparación dirixida por Manuel Díez Sanjurjo. A partir de 1941, tras a aprobación do Plan Peña, a estrada pasou a nomearse N-120, e xa en 1987 pasou a formar parte da OU-533, se ben por entón se construíu outra ponte paralela augas abaixo, polo que é de uso peonil.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901