Dende facía un tempo coleccionaba palíndromos e proverbios.
Tiña un caderno, de cor vermella, onde os ía apuntando.
Ao tempo facía un garabato alusivo ao tema.
Ao tempo facía un garabato alusivo ao tema.
O derradeiro palíndromo, “anulalaluna”, o debuxo…unha eclipse do sol.
O proverbio: ”o xabón é para o corpo o que as bágoas para a alma”.
O proverbio: ”o xabón é para o corpo o que as bágoas para a alma”.
Cando comezou a facer o debuxo, para acompañalo, parou en seco.
Pensou que non todas as bagoas son cuspidiñas.
Pensou que non todas as bagoas son cuspidiñas.
Entón as clasificou do seguinte xeito: de dor, de ledicia, trampeiras e mentireiras.
Todas elas ben salgadas, pero moi diferentes.
E fixo un debuxo, seguindo a lista.
Un volcán estoupando, rachando a terra, fluíndo das súas entrañas pedras moi, moi grandes , doentes.
Era a representación das bágoas da dor.
Para as de ledicia esbozou unha cariña sorrindo, que convertíase nun ceo onde as estrelas bailaban.
As dúas últimas, as trampeiras e mentireiras, déronlle mais traballo, e por fin xurdiu a idea.
Trazou un punto negro, miserable.
Tan cativo como as xentes que xogan coa dor allea.
Tan cativo como as xentes que xogan coa dor allea.
Todas as bágoas teñen o mesmo sabor, son transparentes.
Confiaba en podelas distinguir. Non é sinxelo. ¡Sabíalo!.
Mi.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901