viernes, 5 de octubre de 2012

UN CABALEIRO - CONTO DE MI


UN CABALEIRO



     Gustáballe falar.

     Sempre, o tema favorito… a súa compañeira.


     Coñecéranse nun hospital, en
Meillon, ala polo 1949. Ambolosdous estaban moi enfermos.


     Eran tempos ben deficiles, dicíame: 
co paso por pola fabrica de armanento do komando HASAG, preto de Leipzig, e despois de coñecer Sarrebrük e Ravensbrük, ela pesaba, somente, vientasete quilos”… 

     Os anos deixaran atrás a barbarie.

     Vivian unha casiña con horta, onde todalas primaveiras crecían unas matas de “muguet”, (lirio do val na nosa lingua).

     Sen olvidarse, ano tras ano, mentras coincidimos, e no mes de Maio, agasallábame cun ramo das floreciñas.


     Tiñan un arrecendo moi especial, delicado, elegante. 


     Como el.

     Contoume, entre outras moitas cousas, que a pranta era orixinaria de Oriente pero que en Francia, na Edade Media, xa se falaba dela.


     Que dá felicidade, “porte bonheur , a quen a recibe. Tamén que representa o renacimento da Natureza.


     Sempre ao seu caron aprendíase.


     Endexamais esquenceré os seus ollos o derradeiro dia que vímonos, non eran os de sempre.


     Con unha interrogación no seu rostro despediuse. 

     Observei como marchaba, a pasiños pequenos, encorvado.

     A súa enfermedade borráralle parte do seu tesouro mais doado, as lembranzas.


     E neses intres intuín que, ía ser a última vez, cun cabaleiro agasallaríame con "muguet".

     Oxe, de novo, cun un mes de retraso, chegoume o recendo das flores.

Mi.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901