jueves, 11 de octubre de 2012

CAPELA DE MOREDA - VILALBA


CAPELA DE SAN ANDRES
MOREDA
VILALBA 
LUGO

 
     Moreda é un lugar da parroquia de San Martiño de Lanzós, no concello lugués de Vilalba, na comarca da Terra Chá



     Segundo o IGE, en 2008 contaba con 97 habitantes (46 homes e 51 mulleres), o mesmo número de habitantes que no ano 1999.

      
     Moreda é o único lugar da parroquia de San Martiño de Lanzós amparado pola D.O. do queixo de San Simón da Costa.



     San Martiño de Lanzós é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo), situada nun fermoso val ao norte da Vilalba.





     O paseo por Lanzós implica a visita á escola habanera do lugar. Promovida pola sociedade “El Progreso de Lanzós”, foi construida a principios do século XX por iniciativa dos veciños da zona emigrados a Cuba. A construción ten na súa torre un reloxo que lle confire gran vistosidade ao conxunto arquitectónico. 



     


      A ruta pola parroquia continuaría no castro de Lanzós, tamén denominado “castro do Adro”. 



     O asentamento, situado nunha chaira irregular, ten un só muro defensivo, totalmente conservado, e unha fonte no medio. 




     Xa para rematar, na saída que leva a San Simón, atopámonos coa capela de San Andrés, de grande sona no lugar pola grande devoción dos veciños ao santo, ao que lle piden polos seus defuntos.

VIDEO
MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901