jueves, 11 de octubre de 2012

CAPILLA EN SAMARUGO - VILALBA


CAPELA DE SAMARUGO 
VILALBA 
LUGO

 
     Baixando de San Simón bordeando o monte Monseivane pola cara sur, atopamos a parroquia de Samarugo, onde o seu señor na época medieval estivo vinculado á Revolta dos Irmandiños. 

     Este pasado señorial deixou na zona o pazo de Samarugo, coñecido en toda a comarca porque os seus señores exercían o dereito de “soga e coitelo” sobre os seus vasalos, é dicir, lles perdoaban ou lles quitaban a vida sen que mediase outro xuízo que a súa palabra.

      Ao carón do pazo atópase a igrexa parroquial, con advocación a Santiago Apóstolo. 



      O templo foi construido en diferentes épocas: a nave data do século XII, a súa ampliación do XVI e a fachada principal do XVIII.No interior atópase o sepulcro do que foi señor de Samarugo, Antonio Pardo Osorio, soterrado no ano 1601, así como o retablo maior moderno procedente da catedral de Mondoñedo.

MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901