BANDULLO
FOTOS: XOAN ARCO DA VELLA
En tempo de antroido, o bandullo é o doce tradicional en Moaña.Tamén as filloas e orellas, pero o bandullo é mais como de aquí, mais noso.
Xuntando os ovos e o pan cada quen facía o seu, cocendonos logo no forno da casa ou no panadeiro.
Chegaban a cocer varias fornadas de enormes olas e tarteiras.
O primeiro sábado de antroido xa se facían, para ter fartura na casa , e chegar ben fartos a cuaresma, tempo de obligado ayuno.
Así que....¡veña festa, comer e disfrutar !
Que xa está aquí o antroido.
Necesitamos:
-1 barra de pan (mellor reseso)
-1 l.de leite.
-6 ovos.
-300 grs de azucar
-100 grs. da manteca de vaca.
-100 grs de fariña triga
-200grs de cabazo cocido e escurrido. (si se quere)
-pasas segun nos gusten..
-1/2 sobre de impulsor.
- especias (cominos, ou se non nos gustan canela)
-unha pizca de sal.
Ponse de remollo o pan en leite con tempo.
Unha vez molladiño, añadir os ovos, sal e azucar.
O cabazo desfeitiño. Misturar ben. Ahora as especias.
Logo a manteca derretida mormiña e o final a fariña co impulsor, e as pasas.
Ponse nun molde enmantecado e enfariñado.
Cocer a 190-200ºC
Cando pinchemos o centro cun coitelo fino, e saia limpiño, xa está.
E un dulce ben sabroso, se non queremos cabazo, pois non se pon, ainda que lle da un punto moito mais xugoso.
XOAN ARCO DA VELLA
Eu eino de facer!!
ResponderEliminarGrazas xoan
ResponderEliminar