domingo, 14 de octubre de 2012

BANDULLO

BANDULLO


FOTOS: XOAN ARCO DA VELLA
 
     

     En tempo de antroido, o bandullo é o doce tradicional en Moaña.Tamén as filloas e  orellas, pero o bandullo é mais como de aquí, mais noso.

     Xuntando os ovos e o pan cada quen facía o seu, cocendonos logo no forno da casa ou no panadeiro.


     Chegaban a cocer varias fornadas de enormes olas e tarteiras.


     O primeiro sábado de antroido xa se facían, para ter fartura na casa , e chegar ben fartos  a cuaresma, tempo de obligado ayuno.


     Así que....¡veña festa, comer e disfrutar !


     Que xa está aquí o antroido.

       
      

Necesitamos:
     -1 barra de pan (mellor reseso)
     -1 l.de leite.
     -6 ovos.
     -300 grs de azucar
     -100 grs. da manteca de vaca.
     -100 grs de fariña triga
     -200grs de  cabazo cocido e escurrido. (si se quere)
     -pasas  segun nos gusten..
     -1/2 sobre de impulsor.
     - especias (cominos, ou se non nos gustan canela)
     -unha pizca de sal.



 
        

     Ponse de  remollo o pan en leite con tempo.

     Unha vez molladiño, añadir  os ovos, sal e azucar.


     O cabazo desfeitiño. Misturar ben. Ahora as especias.


     Logo a manteca derretida mormiña e o final a fariña    co impulsor, e as pasas.


     Ponse nun molde enmantecado e enfariñado.


     Cocer a 190-200ºC


 

    
    Cando pinchemos o centro cun coitelo fino, e saia limpiño, xa está.

     E un dulce ben sabroso, se non queremos cabazo, pois non se pon, ainda que lle da un punto moito mais xugoso.
 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901