A ZORRA E O GALO
CONTO
CONTO
Unha zorra colléu un fermosisimo galo, e iste, querendo fuxir dos dentes da raposa, díxolle moi cuco:
-¿A que non eres capaz de decir "Tanta castaña"?.
A raposa gralleóu como poido:
- Tanta castaña.
-Non vale, máis crariño que iso nin Diolo entende.
-Tanta castaña -repetíu a zorra abrindo a boca dabondo.
Saíu o galo, cacarexando, pousóuse nun carballo. A raposa, bulrada, decíalle:
-Xan, pelourán,
baixa pola roupa.
-Non baixo, non,
que Dios que me díu ista,
hame dar outra.
A raposa maxinaba facer baixar ao galo do carballo i escornenzóu a frotar o rabo contra o pé do árbore a ver si o cortaba. Entón o galo rindose díxolle á raposa:
-Líbreme Dios de fouce e machado,
que rabo de zorra non corta carballo.
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901