domingo, 1 de mayo de 2022

EXPOSICIÓN " CAMIÑO E AS ARTES" EN BARCELOS

EXPOSICIÓN " O CAMIÑO E AS ARTES"

GALERIA MUNICIPAL DA ARTE

BARCELOS

 A exposición itinerante “Camiños".
     O camiño e as artes” inagurase o 2 de maio, às 17h30, na Galeria Municipal de Arte, e unha homenaxe a arte no Camiño de Santiago.


    Conta con traballos de 36 artistas, dende esculturas, poesia, obras musicais, danza, fotografia, pintura, ilustración e artesania. 

     O Camiño de Santiago foi e continua a ser un espacio propício o desenvolvemento das artes, un verdadeiro expoñente de cultura. 

     Esta mostra pode ser visitada de 30 de abril a 18 de junio, na Galeria Municipal da Arte de Barcelos.

     Eu quero dar o meu agradecemento os organizadores Camara Municipal de Barcelos e a Tino Lores por convite pa formar parte de deste gran medio de divulgacion e poñer en valor o noso patrimonio, cultura, tradicions, lugares ... da nosa Galicia e irma Portugal
     As fotos que ilustran este traballo son a miña pequena aportacion a Expo, o titulo das miñas fotos e "O Camiño da auga" onde vive a maxia.

Pintores
      Agustín Pousseu, Álex Vázquez, Amelia Palacios, Ana Corzo, Antón Sobral, Carmen Hermo, Eduardo Dios, José María Barreiro, Kuqui Pazos, Luz Lafuente, Mario Rocha, Puri del Palacio, Xaime Falcón, Gerhard Mader ou Rafael Úbeda, pintor e músico.
Escultura
      Enrique Velasco Viéitez, Francisco Pazos, Paulo Neves, e Suso Balado; e outro apartado de artesanía no que haberá pezas anónimas de Barcelos (Portugal), creacións da zoqueira Elena Ferro ou do artesán Joaquim Esteves.
Musica
     A cantante Begoña Lorenzo, o luthier César Loureiro Sobral, o músico Edelmiro Luis Mateo García, a vocalista Noelia Solleiro, e tamén da danza a través de Glau Fonseca.
Escritura e Poesia
     A escritora e docente Carmen Quinteiro, a poeta e artista Minerva e o escritor Xaime Toxo.
Fotógrafos
     Aquilino Valiño, Enrique Ruis e Xulio Gil, acompañados polo tamén fotógrafo e blogueiro Xoán Arco da Vella.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901