domingo, 15 de mayo de 2022

SALTO DE XERLIS - REGO DE TABEIROS - GUIMAREI - A ESTRADA

 SALTO DE XERLIS 

REGO DE TABEIROS

GUIMAREI

A ESTRADA

Xerlís
     Xerlís é un lugar da parroquia de Guimarei no concello pontevedrés da Estrada na comarca de Tabeirós - Terra de Montes.

     Tiña 18 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 8 eran homes e 10 mulleres.

      Iso supón unha diminución da poboación respecto a 1999 cando tiña 25 habitantes (11 homes e 14 mulleres).

Guimarei
     San Xiao de Guimarei é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2011 tiña 391 habitantes (196 mulleres e 195 homes), distribuídos en 19 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 589 habitantes.

       En 1842 tiña unha poboación de feito de 417 persoas.

Patrimonio
    A torre de Guimarei é unha torre medieval de planta cadrada que data do século XII. Constitúe o último resto dun castelo medieval que foi derruído polos Irmandiños en torno ao século XV. No século XVII construíuse un pazo barroco de planta cuadrangular pegado á torre. Atópase en estado semirruinoso.
    Pazo de Xerlís.
    Casa de Badía.
    Igrexa de Guimarei

Festas
       Na segunda semana de setembro celébrase a Feira da Becerra Selecta no Mercado Comarcal de Gando de Guimarei. Esa semana celébrase tamén a festa de Nosa Señora das Dores.

     O domingo e o luns de entroido hai festa. Tamén se celebra o San Xoán e o magosto no local do Outeiro.

Lugares de Guimarei
     Campos, A Cardavella, O Cogoludo, A Costa, Covas, A Cruz, A Devesa, O Francés, Gudín, Ouzamerxe, A Painceira, A Pinguela, Portacartas, A Portela, Rial, San Xiao, A Torre, A Torrevella, Xerlís  

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901