lunes, 9 de mayo de 2022

ALDEA ABANDONADA DE SAN FIZ - ENTRAMBASAGUAS - GUNTÍN

 ALDEA ABANDONADA DE SAN FIZ

  ENTRAMBASAGUAS 

GUNTÍN

Entrambasaugas
      Santiago de Entrambasaugas é unha parroquia do concello de Guntín na comarca de Lugo, na provincia de Lugo.

      No ano 2007 tiña 191 habitantes, deles 96 eran homes e 95 eran mulleres, o que supón un aumento de 1 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Historia
     No lugar de Xoiane está situado o menhir coñecido como "Penalonga".

      Santiago de Entrambasaugas aparece mencionada nun documento de Afonso III (ano 897) como Santiago de Senari. Segundo outro documento do século XI, Suario Muñiz e Sancha Velaz fan doazón á igrexa de Lugo das posesións que tiñan na freguesía.

      Aquí tivo o seu asentamento a casa mosteiro de San Fiz de Ermo, que séculos máis tarde pasou ás mans dos templarios.

Lugares de Entrambasaugas
     Bertamil, A Devesa, A Eirexe, O Foxoiro, Gondarén, Martín, Outeiro, Penela, O Pereiro, Río, San Fiz, Sear, Xoaine

Guntín
     Guntín é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo.

Demografía
    Segundo o IGE en 2014 tiña 2.927 habitantes.

Xeografía
      O concello, de 156 km², inclúe 32 parroquias. Limita ai norte con Friol e Lugo, ao sur con Portomarín, ao leste co Corgo e co Páramo, e ao oeste con Monterroso e Palas de Rei. Está situado a 19 km da capital provincial, coa que se comunica a través da N-540. Está situado a uns 550 m de altitude, na planicie lucense.

     Sitúase no val do curso alto do río Miño, que fai de fronteira polo leste. O río Ferreira fai de límite con Palas de Rei e Portomarín, e a el vai parar o río Levadoiro. Outro afluente do Miño é o río Colmeiro. Todos estes cursos permiten a pesca fluvial.

Patrimonio
     O mosteiro de Santa María de Ferreira de Pallares foi declarado Ben de Interese Cultural o 1 de xuño de 1979.

     Outros monumentos con esta declaración son o castelo de Besgo, a torre de Francos, a fortaleza da Mota e a torre de Santa Euxea, declaradas o 17 de outubro de 1994.

Economía
     No concello destaca o sector primario. Ten 2.000 ha de prados naturais e pasteiros, máis de 4.000 de terras de labranza (destacando o pemento, centeo, pataca, millo e nabo), e unhas 9.000 de uso forestal (carballo, castiñeiro, piñeiro do país e pequenos grupos de freixos, bidueiros, e cerdeiras).  

Parroquias de Guntín     
      Castelo de Pallares (San Salvador), Costante (San Miguel), Entrambasaugas (Santiago), Ferreira de Pallares (Santa María), Ferroi (Santiago), Francos (San Salvador), Gomelle (Santiago, Grolos (Santa Cruz), Guntín de Pallares (San Salvador), Lamela (Santa Mariña), Lousada (Santa Eulalia), Monte de Meda (San Martiño), Mosteiro (Santa María), A Mota (Santo Estevo), Mougán (Santa María Madanela), Navallos (San Pedro), Ourol (San Xulián), Piñeiras (San Mamede), Pradeda (Santa Eulalia), San Cibrao de Monte de Meda (San Cibrao), San Mamede de Lousada (San Mamede), San Romao da Retorta (San Romao), Santa Cruz da Retorta (Santa Cruz), Santa Euxea (San Xoán), Santa María de Ferroi (Santa María), Sirvián (Santa María), Vilamaior de Negral (San Lourenzo), Vilameá (San Martiño), Vilamerelle (San Vicente), Vilarmao (San Miguel) | Zolle (Santa María) 

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901