FERVENZA DO MUIÑO VELLO
RÍO FULAO
VILAR DE MURTELA
VIANA DO CASTELO
Vilar de Murteda
Vilar de Murteda e unha fregresia portuguesa do concello de Viana do Castelo, con 5,16 km² de superficie e 247 habitantes (2001).
A sua densidade de poboación e de 47,9 hab/km².
Viana do Castelo
Viana do Castelo é un concello portugués, capital do Distrito de Viana do Castelo, na rexión Norte e subrexión do Miño-Lima.
O concello ten 314,36 km² de área e preto de 46.750 habitantes no seu núcleo urbano e 83.000 en todo o municipio, subdividido en 40 parroquias.
O concello limita ao norte con Caminha, ao sur con Barcelos, ao leste con Ponte de Lima e Esposende, e ao oeste co océano Atlántico.
As orixes do poboamento remóntanse a antes da era cristiá, existindo ruínas dun castro ou citania no outeiro de Santa Luzia.
Recibiu o seu primeiro foro de mans de Afonso III de Portugal en 1258, e o nome de Viana da Foz do Lima en razón da súa localización xeográfica; en 1848 foi elevada a cidade por decreto de María II de Portugal, tendo visto entón a súa designación alterada para Viana do Castelo.
No século XX foi un dos máis importantes portos da pesca de bacallau.
As freguesías de Viana do Castelo son:
Afife, Alvarães, Amonde, Anha, Areosa, Barroselas, Cardielos, Carreço, Carvoeiro, Castelo do Neiva, Chafé, Darque, Deão, Deocriste, Freixieiro de Soutelo, Lanheses, Mazarefes, Meadela, Meixedo, Monserrate, Montaria, Moreira de Geraz do Lima, Mujães, Neiva, Nogueira, Outeiro, Perre, Portela Susã, Santa Marta de Portuzelo, (anteriormente Portuzelo), Santa Leocádia de Geraz do Lima, Santa Maria de Geraz do Lima, Santa Maria Maior, Serreleis, Subportela, Torre, Vila de Punhe, Vila Franca, Vila Fria, Vila Mou e Vilar de Murteda.
É tamén sede da Associação Juventude de Viana de hóckey a patíns.
Forma parte do Camiño Portugués e foi o lugar de nacemento de Cláudio Basto e Quim Barreiros.
VIDEO
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901