domingo, 15 de mayo de 2022

FERVENZA MOINHO DE ESPANTAR - RÍO ANCORA - MONTARIA - VIANA DO CASTELO

 FERVENZA DO MOINHO DE ESPANTAR

RÍO ANCORA 

MONTARIA

VIANA DO CASTELO


Montaria
      Montaria e unha fregresia portuguesa do concello de Viana do Castelo, con 26,09 km² de superficie e 665 habitantes (2001).

     A sua densidade de poboación e de 25,5 hab/km².

Rio Ancora
     O Ancora é un rio portugués que nace no pico da Serra de Arga, en Orbacém, Freixeiro de Soutelo e Riba de Âncora e verte no Oceano Atlântico en Vila Praia de Âncora, fregresia do concelho de Caminha.

     No século XIX este rio era conhecido por rio Amora

Viana do Castelo
     Viana do Castelo é un concello portugués, capital do Distrito de Viana do Castelo, na rexión Norte e subrexión do Miño-Lima.

Demografía
      O concello ten 314,36 km² de área e preto de 46.750 habitantes no seu núcleo urbano e 83.000 en todo o municipio, subdividido en 40 parroquias.

Xeografía
      O concello limita ao norte con Caminha, ao sur con Barcelos, ao leste con Ponte de Lima e Esposende, e ao oeste co océano Atlántico.

As freguesías de Viana do Castelo son:
       Afife, Alvarães, Amonde, Anha, Areosa, Barroselas, Cardielos, Carreço, Carvoeiro, Castelo do Neiva, Chafé, Darque, Deão, Deocriste, Freixieiro de Soutelo, Lanheses, Mazarefes, Meadela, Meixedo, Monserrate, Montaria, Moreira de Geraz do Lima, Mujães, Neiva, Nogueira, Outeiro, Perre, Portela Susã, Santa Marta de Portuzelo, (anteriormente Portuzelo), Santa Leocádia de Geraz do Lima, Santa Maria de Geraz do Lima, Santa Maria Maior, Serreleis, Subportela, Torre, Vila de Punhe, Vila Franca, Vila Fria, Vila Mou e Vilar de Murteda.

Cultura
     Na cidade, que creceu ao longo do río Lima, pódense ver edificios de estilos renacementista, manuelino, barroco e modernista

       No entramado urbano destaca o centro histórico, que forma un círculo delimitado polos restos das antigas murallas. Aquí, hai ruelas con arterias maiores que dan ao río Lima, e destaca a antiga Igrexa Matriz (catedral dende 1977), que data do século XV, destacan a Capela da Misericórdia (século XVI), a Capela das Almas, e o antigo edificio do Concello, na Praça da República (antiga Praça da Rainha), cunha fonte xafariz de granito –con dobre pía e estanque– construída por Joán Lopes o Vello e rematada por João Lopes, Filho en 1559.

      Fóra do centro da cidade, nunha posición dominante no alto do Monte de Santa Luzia, érguese o Santuario Diocesano do Sagrado Corazón de Xesús, cuxa construción comezou en 1903, inspirada na Basílica do Sagrado Corazón de París, desde a que se pode gozar dunha ampla vista sobre a cidade, a ría do río Lima e o mar.

Algúns dos elementos patrimoniais máis destacados de Viana do Castelo son:
    Capela da Nosa Señora da Agonía
    Fonte na Praça da República
    Carmelo de Santa Teresinha
    Convento de São Francisco do Monte
    Ascensor de Santa Luzia
    Fortaleza de Santiago da Barra
    Santuario do Sagrado Corazón de Xesús – Monte de Santa Luzia
    Ponte Eiffel
    Biblioteca Municipal de Viana do Castelo
    Capela da Misericordia de Viana do Castelo
    Estaleiros do Mar Oeste
    Barco Hospital Gil Eannes
    Porto de Viana do Castelo
    Centro Cultural Viana do Castelo
    Teatro Municipal Sá de Miranda
    Museo do Traxe de Viana do Castelo
    Casa dos Nichos
    Palacio da Carreira
    Castelo de Portuzelo
    Paço de Lanheses
    Pelorinho de Lanheses
    Centro de Interpretación Castro do Vieito
    Casa Capela Malheiras
    Campo da Penha ou Palacio de Abreus
    Museo de Artes Decorativas de Viana do Castelo 

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901