lunes, 9 de mayo de 2022

PETRÓGLIFO DE PENA FURADA - SANTA MARIÑA DE CIRCES - TOURO

 PETRÓGLIFO DE PENA FURADA

SANTA MARIÑA DE CIRCES

TOURO


PETRÓGLIFO DE PENA FURADA
      Primeiro petróglifo documentado no Concello de Touro atopado no ano 2017, aínda que xa referenciado na documentación do arqueólogo Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza no 1953. 

     Petróglifo sobre lousa a ras do chan composto por máis de 40 coviñas de forma redonda e ovoide e unha cruz, esta última posiblemente de factura medieval.

Acceso
     En automóbil saíndo da capital municipal, Fonte Díaz, son 9,9 quilómetros, uns 15 minutos.

     Débese seguir a AC-240 dirección Norte pasando polos lugares de Barral e Santaia. Neste último xirar á dereita cara a área recreativa de Santaia e continuar recto ata o lugar de Outeiro, alí coller a man dereita na intersección e continuar recto 1,5 quilómetros ata o lugar de Mane. 

     Alí xirar á esquerda e continuar 1,6 quilómetros despois alí xirar a dereita e continuar recto pasando polos lugares de Sartes e Carballiño, despois continuar recto seguindo a sinalización existente cara o petroglifo, deberemos deixar o coche na pista, xa que chega un momento onde pasa a ser pista forestal. 

     O recurso atópase a 200 metros por unha pista forestal.

MAPA

 

Fuente: Turismo de Galicia

XOAN ARCO DA VELLA

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901