sábado, 7 de mayo de 2022

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN " O CAMIÑO E AS ARTES" GALERIA MUNICIPAL DAS ARTES - BARCELOS

 INAUGURACION EXPOSICIÓN

"O CAMIÑO E AS ARTES"

GALERIA MUNICIPAL DAS ARTES

BARCELOS


     Máis dunha trintena de artistas expoñen as súas creacións e son protagonistas de concertos, exhibicións de danza e recitais de poesía

     A Camara Municipal de Barcelos ven de inaugurar a décima primeira edición de ‘Camiños’, a mostra colectiva e multidisciplinar promovida pola Asociación do Camiño Portugués a Santiago que reúne a visión de máis dunha trintena de artistas, creadoras e creadores de Galicia e Portugal sobre un fenómeno de carácter internacional como é a peregrinación a Santiago de Compostela.

     Na inauguración desta tarde estiveron presentes varios dos artistas participantes e unha ampla representación da Camara Municipal de Barcelos e da Cidade de Pontevedra.

     O acto comezou co interpretación de varias pezas da mucica tradicional a cargo dos gaiteiros pontevedresas "Os Alegres" á que seguiu unha exhibición de danza de Glau Fonseca, que fixo unha intervención fantastica e sorprendente.

     Recitaron poesía Ana Corzo, que sempre emociona co seu bo facer.

Pintores
      Agustín Pousseu, Álex Vázquez, Amelia Palacios, Ana Corzo, Antón Sobral, Carmen Hermo, Eduardo Dios, José María Barreiro, Kuqui Pazos, Luz Lafuente, Mario Rocha, Puri del Palacio, Xaime Falcón, Gerhard Mader ou Rafael Úbeda, pintor e músico.

Escultura
      Enrique Velasco Viéitez, Francisco Pazos, Paulo Neves, e Suso Balado; e outro apartado de artesanía no que hai pezas anónimas de Barcelos (Portugal), creacións da zoqueira Elena Ferro ou do artesán Joaquim Esteves.

Musica
     A cantante Begoña Lorenzo, o luthier César Loureiro Sobral, o músico Edelmiro Luis Mateo García, a vocalista Noelia Solleiro, e tamén da danza a través de Glau Fonseca.

Escritura e Poesia
     A escritora e docente Carmen Quinteiro, a poeta e artista Minerva e o escritor Xaime Toxo.

Fotógrafos
     Aquilino Valiño, Enrique Ruis e Xulio Gil, acompañados polo tamén fotógrafo e blogueiro Xoán Arco da Vella.

     A exposición estará aberta na Galeria Municipal da Arte ata o 18 de Xuño.

     Despois a mostra irá, Ponte de Viana do Castelo e Lisboa de maneira itinerante.

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901