sábado, 6 de octubre de 2012

A TOXEIRA - CONTO


A TOXEIRA
CONTO


     

     Mandaron a un criado apañar os toxos e pasouse toda a mañá ao redor dunha toxeira sen saber por onde empezala de modo que cando a mediodia chegou o amo para ir xantar inda non cortara un toxo. Botoulle o amo unha boa reprimenda, pero el desculpouse dicindo que non parara en toda a maña pero que non soubera por onde empezala.

     Marcharon para a casa e puxéronse a xantar pero o amo, agarrando un pan enteiro, púxose a darlle voltas e mais voltas. Estrañouse o criado de ver ao amo dándolle ao pan tantas voltas e preguntoulle por que lle daba tantas voltas ao pan.

     -Pois - respondeu o amo-, porque non sei por onde empezalo

     -¡Ande, señor, ande! -dixo o criado-. ¿Empéceo por calquera lado!

     -¡Por calquera lado -contestoulle o amo -tamén se podía empezar a toxeira!

     E pousando o pan sobre da mesa deixouno sen empezar.
 


XOAN ARCO DA VELLA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901