sábado, 6 de octubre de 2012

A GARDADORA DE SANTOS E FESTAS


A GARDADORA DE SANTOS E FESTAS
CONTO



     
     Ela era unha mulleriña a que o traballo non lle facía mal porque era moi lacazana e botaba a vida larchareando pois dera en gardar festa a todos os días dicindo que estaban dedicados aos santos. Por iso dícia:

Luns, día das Ánimas é.
Martes, de San Antón.
Cuarta feira, San Xosé.
O mercado é Quinta feira.
Sexta feira é da Paixón.
Sábado día da Virxe.
E domingo festa enteira.
     Por máis que a muller non fixera nunca nada, morreu antes có home e, quixeron  de a amortallar nin roupiña tiña que poñer, e daquela unha veciña de boa alma ordenou, para que nom se vise que levaba a roupa de cada dia, de apañar unhas xestas no monte e botarllas por riba ao cadáver, no tombo onde a levaban ao camposanto.

     Facíase o pranto o home dende o sobrado ao tirar o cadáver para fóra da casa e, vendo como ao andar se lle descubría o corpo á defunta, dixo el a chorar:

     -¡Ai, miña gardadoriña de santos e festas!

     ¡Relóceche o cu entremedio das xestas!


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901