lunes, 8 de octubre de 2012

A SIRADELLA - LENDAS

A SIRADELLA

LENDAS




     Alí estiveron os mouros moito tempo. Estes mouros chegaron ó monte da Siradella ou da Cidadela cando os homes viñeron por primeira vez a España. Os veciños chámanlle O castillo dos mouros.
 
      Nun pozo que hai no monte, un veciño tirou unha pedra. Do burato saiu moitísimo fume e, acabado este, unha muller. A dona díxolle que no fondo do pozo había encantados un príncipe e dúas princesas e que os desencantaría se tiraba ó pozo tres barras de pan; dito esto, desapareceu.
 
      Ó cabo de catro días, o home voltou con tres barras de pan, peron non puido resistir a fame que o asaltou no camiño e comeu un anaco dunha das barras. Ó chegar ó pozo tirou o primeiro pan que, ó tocar o fondo, converteuse nunha princesa e desapareceu. Tirou a segunda barra, converteuse nun príncipe e tamén desaparceu. Tirou a terceira e saíulle un monstro, como persoa sen cara que desapareceu despois de darlle un cinto.
 
      De volta á casa, sentouse a descansar e atou o cinto a unha árbore. En poucos segundo, despois de varias torsións, desapareceron árbore e cinto, fin que lle estaba reservada por ter comido un anaco da terceira barra de pan.





     O pozo parece feito po-lo homo, pois é cadrado e revestido de pedra no seu interior. Po-lo fondo pasa a auga, conducida por dous pequenos túneles. Din que era a saída secreta dos mouros da Siradella, porque neste lugar houbo unha cidade de mouros, con tres castelos. 
 
      Din as historias, que ó principio chegaron a esta zona os primeiros homes e despois chegaron os mouros, que os venceron e mataron.
 
      Unha princesa moura namorou cun mouro dos que vivían en Ons que eran inimigos dos seus. Por mor desto, os pais da moza opoñíanse a estes amores. Para poder acabar con eles, convocaron ós sabios da Siradella quen lles dixeron que, segundo unha profecía escrita nuns libros antiquísimos, se os dous mozo casaban, desaparecerían tódo-los mouros do mundo.
     Para evitar tan grande mal, os pais da princesa minaron toda a cidadela a través do pozo da Siradella para facer que se hundise e deixaron que súa filla morrera no derrubamento para evitar a desaparición dos mouros de todo o mundo.
 
     Segundo outra lenda, o rei mouro que habitaba na Siradella era ambicioso de máis e quería conquerir o mundo enteiro. Foi por esto que Deus castigou a este rei cun cataclismo que acabou cos tres castelos da Siradella.

 
     Por último, na Siradella hai tres minas, unha de ouro, outra de lume e outra de peste, aínda que non se coñece a súa localización.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901