IGLESIA DE SANTA MARÍA
MEAÑO
PONTEVEDRA
MEAÑO
PONTEVEDRA
O seu patrimonio artístico é tan abundante como descoñecido.
A mais dos seus numerosos cruceiros, hórreos e muíños, algúns restaurados hai pouco, podemos comprobar o señorío dos seus pazos, como o de Lis, na parroquia de Meaño, ou o de Zárate, en Padrenda, ou a beleza das súas igrexas e capelas, entre as que destacan a de Santa María, de Simes, e o templo románico de San Xoán Bautista, de Meaño.
A igrexa parroquial de Santa Cristina de Cobas localízase na parte máis alta da aldea, fóra do núcleo que forman as vivendas, rodeada de fragas e cultivos.
É de planta rectangular, cunha soa nave e a capela maior tamén de planta rectangular e con bóveda de canón.
A fachada é sinxela e a porta alintelada. Acolle no seu interior unha das imaxes máis veneradas no concello, a de San Bieito de Palermo (o santo negro), festividade que se celebra o martes despois da Pascua.
Fronte á igrexa, no adro, sitúase un cruceiro de gran beleza, ricamente tallado.
- Igrexa Parroquial de Santa Eulalia de Dena
- Igrexa Parroquial de San Miguel de Lores
- Igrexa Parroquial de San Martiño de Padrenda
- Igrexa Parroquial de Santa Eulalia de Xil
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901