sábado, 6 de octubre de 2012

PONTE DE PONTESAMPAIO - PONTE SAMPAIO

PONTE DE PONTESAMPAIO
PONTE SANPAIO
PONTEVEDRA



     Este lugar con importantes connotacións históricas estrema coa parroquia da Canicouva.


     O Camiño Portugués atravesa o seu territorio por unha ponte de dez arcos semicirculares construída sobre o río Verdugo que une esta parroquia co lugar de Arcade no veciño concello de Soutomaior. 



     Aínda que a orixe da ponte é romana o que se conserva dela na actualidade é medieval. 



     Nas súas inmediacións atopamos unha espléndida praia fluvial, así como diversos miradoiros con magníficas vistas á ría de Vigo.





     Do mesmo xeito podemos visitar a igrexa románica de santa María de Sampaio, do século XIII, e tamén o lugar de Canos da Laxe coa súa ponte medieval sobre o río Ulló e máis dunha ducia de muíños típicos.



     Ponte Sampaio é famosa pola vitoria obtida polos veciños na Guerra da Independencia sobre as tropas de Napoleón. A contenda, coñecida como Batalla de Ponte Sampaio, tivo lugar os días 7 e 8 de xuño de 1809 e puxo fin a cinco meses de ocupación francesa.




     A parroquia tamén conserva importantes pegadas arqueolóxicas, así temos unha machada que corresponde á Idade de Bronce, inscricións rupestres no monte do Chan da Cruz, un castro prerromano e un treito da calzada romana.


     Hónrase á Virxe do Carme o día 16 de xullo e celébrase a Festa da Anguía, o primeiro domingo de xullo.



MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901