sábado, 6 de octubre de 2012

AS PALLOZAS

AS PALLOZAS


     A serra dos Ancares, no límite das provincias de Lugo e León, conserva aínda os últimos exemplos dunha das máis primitivas construccións do continente europeo e reflexo do patrimonio cultural de Galicia : as pallozas...



     Esta construcción tradicional da zona, dedicada a vivenda de persoas e animais ata hai poucas décadas, mantén unha gran similitude coas edificacións dos antigos castros prerromanos, polo que a súa existencia supón a conservación ó longo do tempo do reflexo das vellas cabanas célticas e retrotráenos ó berce da nosa historia.



     Galicia conta , na actualidade, cunhas 250 pallozas, que están principalmente na vertente occidental da Serra de Ancares, nas parroquias de Donís, Pando e Cereixedo, anque outros moitos lugares e concellos da montaña luguesa tamén contan con exemplares illados desta construcción. 





     Característica da palloza
     A palloza é unha construcción circular ou elíptica, realizada en pedra, madeira e palla de centeo  (colmo), destinada a vivenda, corte e almacén. Persoas, animais, apeiros e alimentos compartían o mesmo espacio, especialmente nos longos e duros invernos da zona.      Esta organización permitía afrontar os temporais invernais sen necesidade de saír ó exterior.

 
     No centro da palloza acendíase o lume, que servía para cociñar e para quenta-lo habitáculo. Ó seu redor estaban os distintos espacios, separados por uns rudimentarios tabiques construídos con táboas,espacios destinados a dormitorios, cortes, despensa, almacén de alimentos para os animais, almacén de leña, etc. Ata o forno estaba dentro da palloza.



Partes e elementos
     En toda palloza podemos atopa-las seguintes características: 

     Constan dunha base ovalada, sobre a que se levanta un muro, cunha altura media de 1,70 m. Todo o conxunto cóbrese de colmo, palla entrelazada e cosida que fan as veces de cordas que atan o tellado. Este descansa sobre o pao que se coloca no centro de cada semicírculo, chamados pes de armar, acabados nunha bifurcación, tesoirada. 




     Cada un remata nunha lousa situada no chan. E, en canto á bifurcación de cada pao hai unha viga, o cume, da que parten cara ós muros unha serie de madeiros, tiradores ou cangos. En cuanto ó interior, cómpre dicir que soen estar divididas en dous grandes partes, metade para as persoas e metade para o gando. E na parte destinada a vivenda pode atoparse a lareira e tamén unha pequena habitación.


     Hoxe en día, as pallozas xa non se usan como vivendas, e ó perder esa condición quedan convertidas unicamente en corte, palleiro ou almacén de productos agrícolas. Entón, comeza o seu deterioro. E simultaneamente a súa perda de valor e a diminución da poboación, fai que se vaian perdendo os oficios necesarios para construír ou manter unha palloza, ata o punto de que hoxe son contadas as persoas capaces de amañar ou substituír o tellado dunha destas construccións. Esta situación agrávase coa desaparición progresiva do cultivo do centeo, do que se obtén a palla coa que se constrúen os teitos, e o encarecemento da madeira de castiñeiro, parte fundamental da construcción.



     Por este motivo , e por ser parte moi importante do patrimonio cultural da nosa terra, na actualidade, emprendéronse tarefas destinadas á súa conservación e a facilitar de novo á súa posta en valor. 



     Algunhas delas xa foron restauradas, e continúan, en xeral, dedicadas a usos agrícolas e gandeiros, aínda que outras serán destinadas a usos culturais e sociais.

 

XOAN ARCO DA VELLA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901