domingo, 14 de octubre de 2012

PAN DE REISES - MEIRA - MOAÑA


PAN DE REISES


FOTOS: XOAN ARCO DA VELLA



 
 
Cando nada sobraba, fora de fame , como celebrar o Nadal, si non se podía  case comer?:     Pois cun pan de reis.




      
     Os ingredientes, o que había pola casa , humildes ingredientes, de todo o ano. Pero co a fariña de moer as espigas encarnadas, os reises, gardados para estes días. Un pan especial,de un millo escaso. O mais celebrado nas esfolladas.

     Amasado con agarimo e imaxinación.

  
     Fai falta 2 kg de fariña de reis, fermento duns dias antes, sal, , azucre o gusto (sin pasarse)  500 grs.de fariña de centeo ou triga, agua tibia , canela, anises moídos e un picadillo variado de figos e uvas pasas , noces picadas.

      Si soio hai millo tamén sirve, as outras fariñas "de ricos" son para suavizar o pan.   Non son imprescindibles.


  

     
     O primeiro necesario e o fermento, millor amasado dous ou tres días antes.

     Con medio kg de fariña milla, un 150 grs, de levadura fresca ,unha migalla de sal e un bo chorriño de vinagre.


     Amásase con agua tibia , a que admita, hasta facer un boliño,que se vai gardar en sitio fresco ata o momento de facer o bolo.


     Sempre se garda un pouco da masa xa amasada para que sirva de fermento do seguinte pan.



Así amasamos:
     Poñemos nun cacharriño axeitado a fariña milla, o sal e imos botando auga tibia  pouco a pouco, mesturando ben.

     Añadimos o fermento, e imos amasando  botando o centeo ou trigo pouco a pouco. Agora  vai o azucre, anises moídos, canela e o picadillo de froitos secos.


     Amasar con agarimo hasta que se poida traballar sin case que se pegue as mans, poñendo  mais fariña si se precisa.





 

      
     Recollemos a masa , espolvoreamola de fariña e, moi importante: dibuxa coas mans unha cruz sobre a masa.O pan es sagrado e compre bendicilo. Tapase cun trapiño limpo e deixase medrar nun sitio quente.

     Cando dobra o volume é a hora de tendelo.


     Faremos bolos do tamaño que queiramos e , sobre follas de verdura ou cana , tentemos as bolas , emplastándoas ate  que quede unha torta, de 3 dedos de alto. Espolvorear de fariña..


     Volvese a marcar co as mans unhas liñas e...a o forno.


     Cando a lareira era todo, cocíase debaixo do rescoldo, cuberto por unhas follas de verdura para protexelo un pouco.


 


 XOAN ARCO DA VELLA

1 comentario:

  1. Esas mazorcas, máis que elementos comestíbeis, son unha obra de arte plástica. Marabillosas.
    Deixo o meu blogue de cociña: bolboretasnobandullo.blogspot.com
    Apertas!

    ResponderEliminar

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901