sábado, 6 de octubre de 2012

O HOME E MAIS A ABELLA



O HOME E MAIS A ABELLA
CONTO




      Un home que ía nunha viaxe viu vir unha abella a lle picar na faciana e daquela o home foise, cañou á abella e arrincoulle a barriga. Da barriga tiroulle sete arrobas de mel. O home non sabía onde botar a mel e púxose a rañar na cabeza e, daqueña tropezou coa casca dun piollo e comprendeu decontado o que babía que facer, e foise e verqueu na casca do piollo todo o mel que tiña.

      Cando xa tiña transfegado o mel, o home cavilou que podía derramarse e ordenou de atar o folecho para que non lle caese e foise a unha fraga procurar unha pértega, venvo cun aquel de pasmo cando pousou o machado como un carrizo peiteou o fol cichando o mel para fóra polo furado. O home asañou e tiroulle de rebolo o machado o carrizo, espeténdollo tan fondo no lombo que chegou a se perder na pluma e daquela foise o home e púxolle lume ao carrizo e disque ardeu a pluma toda que facía unha boa morea de cinza. E púxose a procurar no borrallo o machado que perdera mais non atopou senón a manceira que, era de pau de castaño, pois o machado, como era de ferro, derretérase coa calor, de ver tal, o home laiábase:

     - ¡Pobre de min! ¡Ai, pobre de min!

     ¡Que mala sorte a miña! ¡Cantas perdas fixen neste dia!


XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901